MVDJ cover image

Galicia, Spain

"ɛm vi di ʤeɪ" defínese como un DJ galego de música electrónica de máis de 150bpms.

Especializado en música Hardstyle conta xa con varios anos de experiencia nas cabinas galegas motivando ao público con música Remember, Hands-Up!, Hardstyle e Hardcore.

Nado en Rianxo, xa dende a infancia mostrou afección pola música progressive, trance e techno.
Comezou coa influencia das sesións de DJ Goro e Soniko-DB a principios dos anos 2000 as cales foron a base para que dende o 20/11/2010 que tocou a súa primeira mesa de mezclas non volvese a soltalas ata o día de hoxe.

Actualmente reside en Ferrol e forma parte do colectivo Galicia Hands-Up! o cal loita por dar a coñecer estes estilos máis duros da música electrónica por toda Galicia.

Para contratacións/información: MVDJ.Official@gmail.com

Social:
https://www.facebook.com/MVDJ.Official/
https://twitter.com/MVDJ_Official