Keep up to date with every new upload!

Join free & follow Metrópoles Delirantes | cómics
Share
  • 1 year ago
MD64 - Xaquín Marín

MD64 - Xaquín Marín

Esta é unha emisión especial, gravada na sala Normal da Universidade da Coruña, na exposición BDG70 - A Revolta do Cómic Galego. No ano 1973 tivo lugar, na sala Normal a primeira exposición de BD Galega, agora máis de corenta anos despois volve a haber unha exposición de Banda Deseñada. BDG70, a revolta do cómic galego. Xa era tempo de lembrar o traballo daqueles precursores da bd galega moderna, moitos anos esquecidos, mais hoxe, facémoslles xustiza e agradecemos volvendo a ensinar a súa obra o que fixeron pola BD Galega e pola cultura propia en tempos nos que ter compromiso coa terra e o noso país era, cando menos, perigoso. Falaremos cun dos protagonistas desta primeira época da BD galega moderna e porén desta exposición, referente do cómic, o humor e a retranca, o mestre Xaquín Marín. Faremos un faladoiro con Manel Cráneo, Xulio Carballo e Margarita Amor, responsabeis de esta magnífica, e tamén, necesaria exposición e homenaxe aos pioneiros da nosa BD. Remataremos cunhas recomenda

Comments