Keep up to date with every new upload!

Join free & follow Efervesciencia
Share
  • 1 year ago
Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte

Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.
Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/
Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Esc

Comments