Keep up to date with every new upload!

Join free & follow Alegria CUAC FM's Podcast
Share
  • 7 years ago
Alegría en CUAC FM. 14X08. Día 20 de xaneiro de 2011

Alegría en CUAC FM. 14X08. Día 20 de xaneiro de 2011

Hoxe falamos con Javier Couso (irmán de José Couso), exemplo de loita contra os estados (USA e España). Moi interesante o que nos contou.

Tamén tivemos no programa a dous "manteiros". Odio ese termo. Son persoas que veñen aquí a compartir con nós a sua vida, a axudar as suas familias en Senegal...E non lles deixamos case nin existir. É tremendo como contan que un policía da paisano lles ensina unha placa e lles leva incluso a sua bolsa da compra do supermercado, sin que podan facer nada porque o noso estado non lles da papeis. ¿Cómo nos sentaría se iso nolo conta un irmán noso que se vai a traballar a outro país?
E con eles veu Vero en representación dun grupo de persoas que van traballar para apoiar a esas persoas migrantes que se merecen o mellor.

Pasa, estás na tua casa: Alegría en CUAC FM

P.D. A foto é da beirarua pola que tódolos días suben centos de pais a levar aos seus fillos ao colexio San Pedro de Visma, en plena Ronda de outeiro. ¿Accesibilidade? Si, para as pantasmas.

Comments